Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 12 de novembro de 2014 Páx. 47125

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 261/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 261/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Sande Ramos contra Puertas Ramón Rama, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza

A Coruña, 2 de xullo de 2014.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, os presentes autos nº 261/2012, seguidos por instancia de Pablo Sande Ramos, asistido polo letrado Sr. Pérez López, contra a empresa Puertas Ramón Rama, S.L., que non comparece, con intervención do Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante antes citada formulou demanda con entrada o día 6 de marzo de 2012, que correspondeu por quenda a este xulgado, contra a demandada xa mencionada, na cal, despois de expor os feitos e fundamentos que achou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza pola que se condenase a empresa demandada ao pagamento da cantidade de 8.939,70 euros.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, convocáronse as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia da parte demandante, sen que comparecese a demandada a pesar de ser citada legal forma. A demandante ratificou a demanda. Recibido o xuízo a proba pola parte demandante, propúxose interrogatorio de parte e documental, e logo de declaración de pertinencia, uníronse os documentos aos autos, co resultado que consta nestes; a seguir, as partes fixeron uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Na tramitación deste xuízo observáronse as prescricións legais vixentes.

Feitos probados:

Primeiro. A parte demandante prestou servizos para a empresa demandada desde o 7.1.1997, coa categoría de oficial de 3ª, percibindo un salario mensual bruto de 1.363,81 euros, incluído o rateo de pagas extraordinarias.

A relación laboral foi extinguida con efectos do 14.6.2012.

Segundo. A empresa demandada debe á parte demandante a cantidade de 8.939,70 euros polas mensualidades de setembro de 2011 a xaneiro de 2012, e pagas extraordinarias de xullo e nadal de 2011, todo isto segundo a desagregación que efectúa o feito segundo da demanda, que se ten por reproducido.

Terceiro. Con data 28.2.2012 celebrouse acto de conciliación previa ante o SMAC, co resultado de sen efecto por non comparecencia da conciliada.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A anterior relación fáctica dedúcese da valoración conxunta da proba practicada en autos e da documental presentada pola demandante, comprensiva de sentenza de extinción da relación laboral, así como acta do servizo de conciliación. A iso engádese a aplicación do artigo 91.2 LPL/LRXS, todo sen prexuízo do que se expresa a seguir arredor da valoración probatoria.

Segundo. No presente procedemento a parte demandante exerce reclamación de cantidade correspondente a diversos conceptos salariais nos termos reflectidos no relato fáctico, sen que a empresa demandada, correctamente citada, comparecese.

O principio regulador da carga da proba nos supostos de reclamación de pagamento de cantidades por salarios devindicados e non percibidos, determina que o reclamante quede obrigado a demostrar a prestación dos servizos cuxo pagamento reclama e, en consecuencia, a devindicación non satisfeita do salario correspondente a estes; e é o demandado, se exceptúa o pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo, a quen incumbirá a carga de probar o devandito pagamento ou calquera feito impeditivo ou extintivo –sentenzas do Tribunal Supremo do 13 de maio de 1986, 26 de xaneiro de 1988 e 2 de marzo de 1992–. A aplicación do onus probandi –coa consecuente imposición ao traballador da carga de acreditar o presuposto constitutivo da súa pretensión– determina a necesidade de que o empregador demandado demostre o aboamento efectivo das retribucións reclamadas.

É polo que, correspondendo ao empresario probar o pagamento dos salarios reclamados –feitos extintivos– logrando acreditar o traballador os feitos constitutivos da súa reclamación monetaria, e en aplicación dos artigos 304 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, e 91.2 da Lei procesual laboral, deben darse, ante a súa incomparecencia e citación cos apercibimentos correspondentes, por recoñecidos os feitos que constan na demanda, tanto relación laboral, categoría profesional, antigüidade, salarios, como cantidades devindicadas durante os últimos meses da súa relación laboral, pero, igualmente, do mesmo modo, a falta de aboamento pola parte demandada.

Como consecuencia da proba articulada, no suposto de autos, acreditáronse nas actuacións os presupostos constitutivos da obriga, todo o cal leva unidas as obrigas contidas nos artigos 4.2.f) e 29.1º e 53.4 do Estatuto dos traballadores, en relación co artigo 122.3 da Lei reguladora da xurisdición social, e corresponde ao demandado a proba dos feitos que impidan, extingan ou enerven tales obrigas (artigos 217.3º e 281 da LAC); ao non se ter practicado esta proba, a demanda debe ser admitida, con obriga de aboamento das cantidades que se declararon probadas.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Pablo Sande Ramos contra Puertas Ramón Rama, S.L., con intervención procesual do Fogasa, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a aboar á demandante a cantidade de 8.939,70 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido até a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións, a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. A seguir, líbrese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Puertas Ramón Rama, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de outubro de 2014

A secretaria xudicial