Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 12 de novembro de 2014 Páx. 47124

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (247/2012-C).

Neste procedemento, xuízo verbal 247/2012-C, seguido por instancia de Taelpo Suministros Industriales, S.L. fronte a Sonia Durán Araújo, ditouse sentenza o 26 de abril de 2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Taelpo Suministros Industriales, S.L. fronte a Sonia Durán Araújo, condeno a demandada a lle aboar á demandante a suma de 3.941,44 euros na forma e co xuro establecidos no seu fundamento xurídico cuarto.

Con expresa imposición das custas deste procedemento á parte demandada.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá interpor directamente neste xulgado no prazo de vinte (20) días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto.

Notifíqueselles ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

Ao estar a dita demandada, Sonia Durán Araújo, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 29 de abril de 2013

O/A secretario/a xudicial