Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 12 de novembro de 2014 Páx. 47133

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (975/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 975/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucrecia Arias Pinales contra Ramón Carlín Couto, S.L., Mercedes González Noal, Ramón Carlín Couto, Ramón Carlín Couto, S.C., Ramón Carlín Cebreiros, S.C., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, Miguel Cebreiros sobre despedimento, se ditou a Sentenza nº 36 co encabezamento e decisión do teor literal:

Sentenza

En Santiago de Compostela o 4 de febreiro de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Lucrecia Arias Pinales, asistida pola letrada Sra. Verde Crespo, fronte á mercantil Ramón Carlín Couto, S.L., debidamente representada e asistida polo letrado Sr. Sánchez Vieites; Mercedes González Noal, representada e asistida polo letrado Sr. Señarís Veiras; Ramón Carlín Couto, asistido polo letrado Sr. Señarís Veiras; Miguel Cebreiros Blas, representado e asistido polo letrado Sr. Abellas Fernández; Ramón Carlín Couto, S.C. (comparecen os seus integrantes Mercedes González Noal e Ramón Carlín Couto); Ramón Carlín Cebreiros, S.C. (comparecen os seus integrantes Miguel Cebreiros Blas e Ramón Carlín Couto) e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparece a pesar de constar debidamente citado, dítase a presente sentenza de acordo cos seguintes

(…)

Decido:

Que estimo a demanda interposta por Lucrecia Arias Pinelas fronte á mercantil Ramón Carlín Couto, S.L. e, en consecuencia:

1. Declaro improcedente o despedimento efectuado pola mercantil con efectos de 6.11.2012.

2. Declaro extinguida a día de hoxe (4.2.2012) a relación laboral existente entre Lucrecia Arias Pinelas e a mercantil Ramón Carlín Couto, S.L.

3. Condeno a empresa Ramón Carlín Couto, S.L. a aboarlle á parte demandante a cantidade de 11.392,29 euros en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interpoñerá perante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da presente notificación segundo prevén o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ramón Carlín Couto; Ramón Carlín Cebreiros, S.C.; y Ramón Carlín Couto, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2014

A secretaria xudicial