Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 12 de novembro de 2014 Páx. 47131

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (615/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 615/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Ordóñez Suárez contra Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Juan Manuel Capellá Pérez, Fondo de Garantía Salarial, Comercial Pontecela, S.L. sobre ordinario, se ditou sentenza nº 410 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2014.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 615/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Ramón Ordóñez Suárez, asistido pola letrada Ángeles Cancela Regueiro contra Hispescar, S.L., Campiños de Laíño, S.A., que comparecen asistidas e representadas polo letrado Manuel López Núñez, Refojo y González, S.L., que non comparece, os administradores concursais Juan Manuel Capellá Pérez e María José Lorenzo Gómez, que non comparecen, Comercial Pontecela, S.L., que non comparece e o Fogasa, que non comparece, pronunciou a presente sentenza.

(…)

Decido.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Hipescar, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. solidariamente a aboar ao demandante 7.212,36 euros, cantidade respecto da cal 6.807,87 euros devindicará o xuro do artigo 29.3 do ET co límite do artigo 59 da Lei concursal e 404,49 euros os xuros do artigo 1108 do Código civil co límite do artigo 59 da Lei concursal.

Tense a parte demandante por desistida da súa reclamación fronte á entidade Comercial Pontecela, S.L.

Condeno a Fogasa a avirse a esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS. Condeno os administradores concursais a avirse a esta resolución.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Comercial Pontecela, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014

La secretaria xudicial