Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 11 de novembro de 2014 Páx. 47005

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (813/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Leonor Lorenzo Abalo contra Signo Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía Dixital, S.L., rexistrado co número PO 813/2013, se acordou notificar a Signo Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía Dixital, S.L., en ignorado paradoiro, a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela, o vinte e seis de setembro de dous mil catorce.

O anterior escrito presentado pola parte demandante únase e confírase traslado da desistencia ás demandadas co fin de que no prazo de dez días manifesten a súa conformidade ou desconformidade con el, facéndolles saber que, de non realizaren alegacións no prazo conferido, se entenderán conformes con el.

Suspéndense os actos de conciliación e xuízo previstos para o día 13.10.2014.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a citada dilixencia de ordenación e toda a documentación relativa ao procedemento.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de notificación a Signo Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía Dixital, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014

A secretaria xudicial