Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 11 de novembro de 2014 Páx. 47003

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (281/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 281/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Concepción Lamas Tubío contra Limber Multiservicios, S.A. e outra, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014.

A parte demandante presentou escrito no cal desiste da demanda e, ao estar citado a xuízo o demandado, dáse traslado á parte contraria da desistencia polo prazo de dez días para que mostre ou non a súa conformidade, segundo o disposto no artigo 20.3 da Lei de axuizamento civil, e fáiselle saber que, en caso de non realizar o trámite no prazo conferido, se entenderá conforme coa desistencia manifestada de contrario.

Suspéndense os actos de conciliación e xuízo previstos para o día 30 de outubro de 2014, ás 9.55 e ás 10.00 horas, respectivamente, e ponse isto en coñecemento das partes.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor, ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén esta ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Limber Multiservicios, S.A., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014

A secretaria xudicial