Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 11 de novembro de 2014 Páx. 47002

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (104/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 104/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Parada González contra a empresa Juan Carballal Argüello, sobre ordinario, se ditou Decreto 550/2014, do 16 de xullo de 2014, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia total, que se entenderá para todos os efectos como provisional, do executado Juan Carballal Argüello (DNI 33858836F) pola suma de 3.678,61 euros en concepto de principal máis outros 367,86 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución, e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación. O que se fai público para os efectos previdos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014

A secretaria xudicial