Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 11 de novembro de 2014 Páx. 47001

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (242/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 242/2013, por instancia de José Antonio Suárez Graña contra Grupo Empresarial Lomba, S.L., administracion concursal e Fogasa sobre cantidade, que no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

Decido.

Que estimando a demanda interposta polo demandante contra Grupo Empresarial Lomba, S.L., debo condenar e condeno a esta a que lle aboe a cantidade de 10.346,40 euros, máis o dez por cento de xuros de mora, debendo responder desta cantidade, na súa condición, o administrador concursal. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, que pronuncio, mando e asino.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Grupo Empresarial Lomba, S.L. con apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado excepto as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de outubro de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial