Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 11 de novembro de 2014 Páx. 46999

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (316/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 en substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 316/2012 por instancia de José Fernando Campos Ares contra Metalpena, S.L., Básico y Rutilo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza en data do 8 de setembro de 2014 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión:

Estímase parcialmente a demanda interposta por José Fernando Campos Ares fronte a Metalpena, S.L. e Básico y Rutilo, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Metalpena, S.L. a aboar a José Fernando Campos Ares a cantidade de doce mil oitocentos trinta e cinco con dezasete euros (12.835,17 euros), cantidade que devindicará os xuros moratorios do 10 %.

– Absólvese a empresa Básico y Rutilo, S.L. das pretensións fronte a ela exercidas.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Metalpena, S.L. - Básico y Rutilo, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de outubro de 2014

O secretario xudicial