Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 11 de novembro de 2014 Páx. 47007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se fai pública a formalización da contratación para a subministración e instalación de equipamentos para a rede de homoxeneización en UHF para os múltiplex dixitais de titularidade pública da Comunidade Autónoma de Galicia (tres lotes), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder 2007-2013 (80 % de cofinanciamento), eixe 1, tema prioritario 10 (expediente 2-2014).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios da Presidencia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

c) Número de expediente: 2-2014.

d) Enderezo web do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20858

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación de equipamento para a rede de homoxeneización en UHF para os múltiplex dixitais de titularidade pública da Comunidade Autónoma de Galicia (3 lotes).

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 135, do 17 de xullo de 2014.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: importe neto: 81.560,00 €; IVE: 17.127,60 €.

Esta contratación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 80 %. Eixe 1, tema prioritario 10.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7 de outubro de 2014.

b) Data de formalización: 15 de outubro de 2014.

c) Contratistas:

Lote 1: Egatel, S.L.

Lote 2: Itelsis, S.L.

Lote 3: Tredess 2010 ,S.L.

d) Importe de adxudicación:

Lote

Contratista

Importe neto

IVE

Importe total

Lote 1

Egatel, S.L.

26.950,00 €

5.659,50 €

32.609,50 €

Lote 2

Itelsis, S.L.

32.686,00 €

6.864,06 €

39.550,06 €

Lote 3

Tredess 2010, S.L.

21.772,18 €

4.572,16 €

26.344,34 €

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios