Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 11 de novembro de 2014 Páx. 47021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mesía (expediente IN407A 2014/075-1).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Número de expediente: IN407A 2014/075-1.

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: ampliación punto fronteira Visantoña.

Situación: concello de Mesía.

Características técnicas:

1. Instalación e montaxe dun autotransformador 15/20 kV de 7.000 kVA en edificio prefabricado de formigón de tipo monobloque, incluindo protección con sobretensións en bornes.

2. Instalación de cinco celas de media tensión no actual edificio punto fronteira Visantoña: tres celas de entrada/saída de liñas, unha cela de medida e outra de medida, todas elas con illamento e corte en SF6.

3. Tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al), que terá o seu inicio na cela nº 20 do autotransformador 20 kV, e final nos bornes de 20 kV do autotransformador, sendo a lonxitude total da liña proxectada de 32 metros.

4. Tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al), que terá o seu inicio nos bornes de 15 kV do autotransformador, e final na cela nº 22 do autotransformador 20 kV, sendo a lonxitude total da liña proxectada de 32 metros.

5. Tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al), que terá o seu inicio na cela nº 14 de protección de autotransformador e final na cela nº 24 de remonte, sendo a lonxitude total da liña proxectada de 11 metros.

6. Tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al), que terá o seu inicio na cela nº 14 de protección de autotransformador e final na cela nº 21 de bypass de 15 kV, sendo a lonxitude total da liña proxectada de 11 metros.

7. Proxéctase conectar a actual LMAT UDESA 15 kV Frades que sae da cela nº 14 na cela nº 19.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54) esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen perxuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 28 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña