Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 11 de novembro de 2014 Páx. 47018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello da Baña (IN407A 2014/085-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2014/085-1.

Solicitante: Industrial Barcalesa, S.L.

Domicilio social: Corneira, 15837 A Baña.

Denominación: LMTS, CTC e RBTS 20 kV Gosende.

Situación: concello da Baña.

Características técnicas:

Centro de transformación e manobra Gosende interior en edificio prefabricado de formigón de tipo monobloque, incluíndo tres celas de media tensión: dúas celas de entrada/saída de liñas motorizadas e unha cela de protección mediante fusibles para un transformador de 100 kVA, cuxo obxecto será a subministración aos servizos auxiliares do edificio e conectar coa actual rede de baixa tensión, todas elas con illamento e corte en SF6.

Liña de media tensión subterránea en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al), que terá o seu inicio no paso de aéreo a subterráneo que se efectuará no apoio fin de liña existente de fin de liña HV-1600/13 de CTI Gosende, que se vai desmontar, e final nunha das celas de liña a instalar no centro de transformación Gosende proxectado; a lonxitude total da liña proxectada é de 14 metros.

Conexión coa rede de baixa tensión aérea existente mediante unha saída do novo CT proxectado, con condutores de tipo XZ1-0,6/1 kV 4(1×240 Al), realizándose paso de subterráneo a aéreo no apoio fin de liña existente HV-1600/13 da liña de media tensión, cunha lonxitude de 15 metros.

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se insire xunto a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, ignórese o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se poidera realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 10 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2014/085-1.

Proxecto: LMTS, CTC e RBTS 20 kV Gosende.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Predio nº

Datos catastrais

Cultivo

Nome propietario

Pleno dominio

Servidume de paso de liña subterránea

1

Polígono 67077, parcela 02

Labradío

José Barreiro Calvelo

Centro de transformación: 57 m2

Gabias

A servidume de paso subterráneo (4 metros de largo) de enerxía eléctrica comprenderá:

a) A ocupación do subsolo polos cables condutores á profundididade e coas demáis características que sinale a normativa técnica e urbanística aplicable. Para os efectos do expediente expropiatorio e sen prexuízo do disposto en canto a medidas e distancias de seguridade nos regulamentos técnicos na materia, a servidume subterránea comprende a franxa de terreo situada entre os dous condutores extremos da instalación.

b) O establecemento dos dispositivos necesarios para atender o establecemento, vixilancia, conservación e reparación da liña eléctrica.

c) O dereito de paso ou acceso para atender o establecemento, vixilancia, conservación e reparación da liña eléctrica.

d) A ocupación temporal de terreos ou outros bens, se é o caso, necesarios para os fins indicados na alínea c) anterior.