Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.
Denominación: ampliación de potencia CT Salceda-As Pontes.
Situación: Salceda de Caselas.
Características técnicas: ampliación de potencia do centro de transformación situado nas Pontes, Salceda de Caselas, a 250 kVA con RT 20 kV/230-400 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 7 de outubro de 2014
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra