Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 11 de novembro de 2014 Páx. 47024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da entidade The English School (número de censo 27H00100), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecida a súa destinataria.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á entidade The English School a Resolución do 18 de xullo de 2014, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

«Número de censo 27H00100.

The English School.

Rúa San Fernando, nº 5, 1º esq.

27001 Lugo.

Logo de examinar a inscrición da entidade The English School, NIE X0683982P, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar,

Supostos de feito:

Primeiro. A entidade The English School, encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número 27H00100, nas especialidades formativas seguintes:

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

ADGF01

Inglés financeiro

3.3.2000

ADGI01

Inglés: atención ao público

3.3.2000

ADGX01

Inglés: xestión comercial

3.3.2000

Segundo. A Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar requiriu á entidade The English School para os efectos de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente para manter a condición de centro/entidade inscrito ou acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Terceiro. O 14 de febreiro de 2014 devolveuse a notificación do requirimento por resultar descoñecido o centro no enderezo rúa San Fernando, nº 5, 1º esq., 27001 Lugo.

Cuarto. O 20 de marzo de 2014, persoal técnico visitou o centro The English School e comprobou que non existe o devandito centro na rúa San Fernando, nº 5, 1º esq., 27001 Lugo.

Quinto. En cumprimento do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 106/2011, do 24 de marzo, o xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo propón a baixa da entidade, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, por non existir o dito centro no enderezo sinalado.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A competencia para resolver o presente expediente correspóndelle á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3 e artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. A disposición transitoria primeira do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que os centros e entidades de formación inscritos no Censo de centros colaboradores de formación ocupacional da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en virtude do Decreto 158/2001, quedarán inscritos e, se é o caso, acreditados, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación naquelas especialidades formativas en que estivesen homologados, e que disporán dun prazo de dous anos para adaptar as súas instalacións aos requisitos establecidos no artigo 30 da Orde TAS 718/2008, do 7 de marzo. Así mesmo, establece que, transcorrido o devandito prazo de dous anos sen adaptarse á antedita normativa, causarán baixa automaticamente.

Revisado o expediente compróbase que xa non existen instalacións de The English School na rúa San Fernando, nº 5, 1º esq., 27001 Lugo.

Terceiro. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Logo de ver o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o antedito real decreto, o Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e a demais normativa de xeral aplicación,

RESOLVO:

Dar de baixa á entidade The English School, número 27H00100, do Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíqueselles aos interesados a presente resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar no prazo dun mes contado desde a súa notificación, de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro».

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación