Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 7 de novembro de 2014 Páx. 46778

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4418/2012 MDM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4418/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 134/2011 do Xulgado do Social número 2 de Lugo.

Recorrente: Fogasa.

Recorridos: Ferlosa, S.L., administración concursal de Ferlosa, S.L., Pedro Rodríguez Rodríguez.

Avogados: José Benito López Ferreiro e María Teresa Souto Neira.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4418/2012 desta sección, seguido por instancia de Fogasa contra Ferlosa, S.L., administración concursal de Ferlosa, S.L., Pedro Rodríguez Rodríguez, sobre reclamación de cantidade, se ditou con data do 13 de outubro de 2014 sentenza, que copiada nos particulares necesarios di:

«Decidimos: estimando o recurso de suplicación formulado polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), contra a sentenza de data 8 de maio de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Lugo, en autos número 134/2011, seguidos por instancia de Pedro Rodríguez Rodríguez sobre reclamación de cantidade, revogamos a citada resolución e absolvemos o Fogasa da petición deducida no escrito reitor do procedemento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente Libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Ferlosa S.L., actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de outubro de 2014

A secretaria xudicial