Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 7 de novembro de 2014 Páx. 46780

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (180/2014).

Eu, Manuel Rubido de la Torre, secretario xudicial da Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra, fago constar que neste órgano xudicial se tramita recurso de apelación (LAC) 180/2014 (dimanante do procedemento ordinario seguido por instancia do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Tui), seguido por instancia de Montajes Carpintería Monpaz, S.L., contra Promociones Francisco Martínez Abal, S.L. e Doppio Mobile Comerciale, S.L., sobre acción do artigo 1597 do Código civil e acción de cumprimento de contrato, nos cales, con data do 9 de xullo de 2014, se ditou sentenza pola que se estima en parte a apelación deducida, cuxo texto íntegro se atopa na oficina xudicial desta sección terceira, sita en Pontevedra na rúa Rosalía de Castro, nº 5-2º, á disposición das partes.

Contra a dita sentenza poderase interpor recurso extraordinario por infracción procesual ou o recurso de casación perante a Sala Primeira do Tribunal Supremo, dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación.

Para que conste e lle sirva de notificación a Promociones Francisco Martínez Abal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto.

Pontevedra, 7 de outubro de 2014

O secretario xudicial