Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 7 de novembro de 2014 Páx. 46781

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (517/2012).

Procedemento ordinario 517/2012.

Procedemento de orixe: ord/2012.

Sobre: reclamación de cantidade.

Demandante: Alejandra Fernández-Gago Longueira.

Procurador: Xulio Xabier López Valcárcel.

Abogado: Celestino Manuel Rodríguez Cabana.

Demandado: herdeiros de González de la Maza.

Mónica Rubia López, secretaria xudicial de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente,

Anuncio:

No procedemento de xuízo ordinario número 517/2012, seguido neste xulgado por instancia de Alejandra Fernández-Gago Longueira fronte aos herdeiros de Amelia González de la Maza, ditouse sentenza con data do 17 de marzo de 2014 e auto de rectificación con data do 9 de abril de 2014, contra a cal cabe recurso de apelación no prazo de 20 días, contados a partir do día seguinte á publicación do presente edicto no DOG. A indicada sentenza está á disposición dos demandados na Secretaría deste xulgado.

E encontrándose os ditos demandados herdeiros de Amelia González de la Maza en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

A Coruña, 1 de setembro de 2014

A secretaria xudicial