Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46618

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (195/2013).

No procedemento de xuízo verbal 195/2013, seguido por instancia da mercantil Comercial Sopinsa, S.L. fronte a Eduardo Nogueira Arenas, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra.

Sentenza: 39/2014.

Asunto: xuízo verbal 195/2013.

Sentenza.

En Pontevedra o 24 de marzo de 2014.

Xuíz que a dita: Roberto de la Cruz Álvarez.

Demandante: Comercial Sopinsa, S.L. Procuradora: María del Amor Angulo Gascón. Avogado: José Luis González Cuenca.

Demandado: Eduardo Nogueira Arenas (rebelde procesual).

Obxecto do xuízo: reclamación de cantidade (responsabilidade administrador sociedade limitada).

Resolvo.

Que, estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Comercial Sopinsa, S.L. fronte a Eduardo Nogueira Arenas, condeno o demandado a lle aboar á demandante a suma de 1.453,36 euros na forma e co xuro establecidos no seu fundamento xurídico cuarto.

Con expresa imposición das custas deste procedemento á parte demandada.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún, á vista da contía fixada e do disposto polo artigo 455.1 da Lei de axuizamento civil na súa redacción actualmente vixente.

Notifíqueselles ás partes.

Así o acordo, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi publicada polo xuíz que a subscribe, no mesmo día da súa data cando celebraba audiencia pública coa miña asistencia, o secretario. Do que dou fe».

Ao estar o dito demandado, Eduardo Nogueira Arenas, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 24 de marzo de 2014

O secretario xudicial