Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46620

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (548/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 548/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Guillermo Blas García contra a empresa Mercantil Española de Refrigeración, S.L., Friger, Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión din:

Sentenza.

Na Coruña o 17 de de outubro de 2014.

Milagritos Belso Sempere, maxistrada do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 548/2012 no que son parte, dunha banda, como demandante, José Guillermo Blas García, representado polo letrado Sergio Fraga Mandián, e como demandado Mercantil Española de Refrigeración, S.L., que non comparece, con intervención de Fogasa, que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome da S.M. o rei, a seguinte sentenza.

Decido.

Que estimando parcialmente a demanda interposta por José Guillermo Blas García contra a empresa Mercantil Española de Refrigeración, S.L., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de vinte mil setecentos doce euros con setenta e catro céntimos e condeno a referida empresa ao aboamento da dita cantidade, así como os xuros legais desde a interposición da presente demanda e os previstos no artigo 576 da LAC desde a data da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa ao non alcanzarlle ningunha responsabilidade na presente instancia.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días siguientes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións, a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mercantil Española de Refrigeración, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de outubro de 2014

A secretaria xudicial