Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46616

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4603/2012 IP).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da sección primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 4603/2012 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra José Gallo Pérez sobre o Fondo de Garantía Salarial se ditou a seguinte resolución:

Casación de unificación de doutrina: 371/14 IP.

Parte recorrente: José Gallo Pérez.

Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial: María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 17 de outubro de 2014

O anterior escrito presentado por María Teresa Souto Neira, letrada en nome e representación de José Gallo Pérez, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Requírase á recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso, certificación da sentenza que invoca con expresión da súa firmeza.

Así mesmo, comunícase á recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpoñer o recurso, ao non estar suxeito ao pagamento destas, o recurso de casación para unificación de doutrina, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (consulta nº V3674-13).

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte recorrida se poida opoñer á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Así o acordo e asino. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ferlosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de outubro de 2014

A secretaria xudicial