Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46614

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4348/2012-RF).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4348/2012-RF desta sala, seguido por instancia de Antonio Álvarez Álvarez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones Javier Sueiro, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo sobre accidente de grao, ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos desestimar o recurso de suplicación formulado polo letrado Juan Salgado Requejo, en nome e representación de Antonio Álvarez Álvarez, contra a sentenza de data do 23 de maio de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense, no procedemento 188/2012, seguido á súa instancia contra o INSS, a TGSS, Mutua Gallega e a empresa Construcciones Javier Sueiro, S.L., confirmando a expresada resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Concorda ben e fielmente co seu orixinal ao que me remito, e para que produza os efectos oportunos, expido o presente edicto que asino na Coruña, 13 de outubro de 2014. Dou fe».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones Javier Sueiro, S.L., con último domicilio coñecido na avenida de Celanova, 95, 3 A, Valenzá, Barbadás (Ourense), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de outubro de 2014

A secretaria xudicial