Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46612

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 5612/2012 -RF-).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 5612/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 578/2012 Xulgado do Social número 1 de Ourense.

Recurrente: Tito Rodríguez Eiro.

Abogado: Antonio Valencia Fidalgo.

Recurridos: Fogasa e Marcos Moda, S.L.

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento do recurso de suplicación 5612/2012 -RF- desta sección, seguido por instancia de Tito Rodríguez Eiro contra o Fogasa, Marcos Moda, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto por Tito Rodríguez Eiro, contra a sentenza ditada polo xulgado do social número 1 de Ourense, en procedemento seguido polo recorrente contra a empresa Marcos Moda, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, a Sala confírmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta a nosa sentenza.

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nas dependencias do xulgado, salvo que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Marcos Moda, con último domicilio coñecido en rúa Benito Vicetto, nº 8, Ourense, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de outubro de 2014

A secretaria xudicial