Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de outubro de 2014 pola que se notifica a resolución de imposición dunha cuarta multa coercitiva, SIL/124/2012-D1 (S-2010/035-P), devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística con data do 24 de setembro de 2014 ditou resolución pola que se impón unha cuarta multa coercitiva derivada do expediente sancionador SIL/124/2012-D1 (S-2010/035-P) que lle foi incoado a José Manuel Quinteiro Gómez e Celia Gómez Portela pola realización de obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes en obras de reforma en edificación existente, aumento da superficie e do volume da edificación e construción de sollado con lastras de pedra granítica, no lugar de Monte Gracia-Cesantes-, termo municipal de Redondela (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística