Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46690

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo para o servizo de xestión operativa e tecnolóxica do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia (CAE 112 Galicia).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20905

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.14.SE.019.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: contratación do servizo de xestión operativa do número único de emerxencias 112 no ámbito da Comunidade Autónoma, durante as 24 horas do día os 365 días do ano, e soporte técnico do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 5.000.591,74 €; importe total: 6.050.716 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 30 de setembro de 2014.

b) Data de formalización: 1 de outubro de 2014.

c) Adxudicataria: UTE Telemark Spain/Coremain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 4.951.080,93 €; importe total: 5.990.807,93 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias