Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización dos contratos correspondentes aos lotes 1, 2 e 3 do expediente de contratación dun servizo de aloxamento, soporte a usuarios e mantemento da plataforma tecnolóxica de pesca (PTP) no ámbito de mar da Xunta de Galicia (10/2014).

Contratación do servizo de aloxamento, soporte a usuarios e mantemento da plataforma tecnolóxica de pesca (PTP) no ámbito de Mar da Xunta de Galicia (10/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de aloxamento externo, soporte a usuarios e mantemento da Plataforma Tecnolóxica da Pesca (PTP) no ámbito de Mar da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 20.1.2014.

DOUE: 9.1.2014.

BOE: 29.1.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: urxente.

4. Valor estimado do contrato: 1.963.636,35 €, distribuíndose segundo os lotes:

Lote 1: 942.148,77 €; lote 2: 932.231,40 €; lote 3: 89.256,18 €.

Orzamento base de licitación: 654.545,45 €, máis 137.454,54 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 791.999,99, distribuíndose do seguinte xeito segundo os lotes:

Lote 1: soporte e atención a usuarios e mantemento dos equipamentos informáticos dos centros pesqueiros que teñen acceso e utilizan a PTP: 380.000,00 €.

Lote 2: servizo de mantemento dos desenvolvementos, aplicacións e servizos que conforman a PTP: 376.000,00 €.

Lote 3: aloxamento e mantemento en explotación (hosting) dos sistemas informáticos e as infraestruturas que dan soporte físico e telemático á PTP: 35.999,99 €.

6. Formalización do contrato:

Lote 1:

a) Data de adxudicación: 6.5.2014.

b) Data de formalización do contrato: 15.7.2014.

c) Contratista: Tecnologías Plexus, S.L.

d) Importe de adxudicación: 326.799,22 € (IVE do 21 % incluído).

Lote 2:

a) Data de adxudicación: 6.5.2014.

b) Data de formalización do contrato: 3.6.2014.

c) Contratista: Sivsa Soluciones Informáticas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 308.320,10 € (IVE do 21 % incluído).

Lote 3:

a) Data de adxudicación: 6.5.2014.

b) Data de formalización do contrato: 3.6.2014.

c) Contratista: Altia Consultores, S.A.

d) Importe de adxudicación: 35.719,20 € (IVE do 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia