Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación das obras de equipamento das cociñas de 52 VPP en Covadonga (Ourense) (expediente OU-2006/010 C).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: equipamento das cociñas de 52 VPP en Covadonga (Ourense).

b) Prazo de execución: máximo de dous (2) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: un único criterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento de licitación: cento trece mil douscentos vinte e catro euros con trinta céntimos (113.224,30 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): vinte e tres mil setecentos setenta e sete euros con dez céntimos (23.777,10 €).

c) Importe total: cento trinta e sete mil un euros con corenta céntimos (137.001,40 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia de acordo coa cláusula 4.3 do prego de cláusulas administrativas particulares ou clasificación no grupo C, subgrupo 8, categoría b).

7. Obtención de documentación.

– Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas polos que terá que rexerse a contratación poderán descargarse a través da internet no perfil do contratante no enderezo:

• http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21387

– Tamén no perfil do contratante:

• http://igvs.xunta.es/web/igvs/329

8. Presentación das ofertas.

As proposicións que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares presentaranse no Rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela) ata o vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura de proposicións.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, á hora e a data que serán anunciadas, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gastos do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2014

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo