Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de outubro de 2014 pola que se notifica o apercibimento previo á execución forzosa derivada do expediente sancionador SIL/7/2012 (9.18/93-II), devolto polo servizo de Correos por resultar o destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 25 de setembro de 2014 ditou resolución mediante a cal se require a José Iglesias Vázquez para que proceda ao cumprimento da orde de restitución contida na resolución do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, do 26 de abril de 2000 (expediente núm. SIL/7/2012 (9.18/93-II) e apercíbese de que, no caso de incumprimento daquela, se procedera á súa execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas.

Ao non poder realizarse a notificación persoal, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito apercibimento.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do apercibimento que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra este apercibimento non cabe interpoñer recurso ningún.

Para que conste e sirva de notificación ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística