Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 17 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á empresa Pedra País, S.L. a resolución de denegación da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Pedra País 01, número PO/C/02938.1, nos termos municipais de Fornelos de Montes e Mondariz (Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Pedra País, S.L., con CIF B-36881563 con último enderezo coñecido en Outeiro nº 5, 36459 Salvaterra de Miño, Pontevedra, a resolución de denegación da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Pedra 01 País nº PO/C/0938.1 nos termos municipais de Fornelos de Montes e Mondariz (Pontevedra), como titular seu, xa que, intentada polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Contra a citada resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente.

Pontevedra, 17 de outubro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra