Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 20 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican os acordos de incoación de expediente sancionador derivados da aplicación da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría en Galicia, que ten por obxecto o desenvolvemento do réxime xurídico das actividades mineiras en Galicia en condicións de sustentabilidade e seguridade.

O xefe territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra ditou os acordos de incoación de expediente sancionador en cumprimento da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, que ten por obxecto o desenvolvemento do réxime xurídico das actividades mineiras en Galicia en condicións de sustentabilidade e seguridade, constituíndo o seu incumprimento infracción grave segundo o artigo 58.b), j) e k) da Lei 3/2008, e do artigo 121.2.c), d), e) e f) da Lei 22/1973.

Intentada a notificación dos acordos de incoación de expediente sancionador relacionados no anexo, de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula notifícase aos interesados o acordo de incoación de expediente sancionador para que poidan ter coñecemento del, segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei.

Advírtese aos interesados que, de conformidade co disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselles un prazo de quince (15) días para presentar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra cantas alegacións e/ou documentos consideren convenientes e, se for o caso, propor proba, concretando os medios de que pretendan valerse.

Así mesmo, terán dereito a consultar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, Pontevedra.

Pontevedra, 20 de outubro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de acordos de incoación de expediente sancionador
no procedemento IN635C

Nº de expediente

Destinatario

Enderezo

Concello

Causa

2014/156

Rodríguez Cea, Roberto

Vilas, núm. 39

Gondomar

Incumprimentos da lexislación vixente

2014/159

Granitos Penalonga, S.L.

Estrada N-120, p.q. 597,6, Quins

Melón

Incumprimentos da lexislación vixente