Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes tramitados nesta xefatura.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria en Lugo, rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Lugo, 21 de outubro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expediente

Acto que se notifica

Concello

Víctor Gutiérrez Palacios

IN635A 2013/79-2

Resolución

Cervo

José Facal Rial

IN635A 2013/142-2

Resolución

Vilalba

Hermanas Formaran, SAT

IN635B 2013/205-2

Resolución

Baralla

Mageloro, S.L.

IN635B 2013/307-2

Resolución

Lugo

Antonio Moroño Costas

IN635A 2014/132-2

Resolución

Lugo

Maderas Díaz, S.L.

IN635A 2014/138-2

Resolución

Burela