1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.
c) Número de expediente: ED-06/14SE.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servizo de limpeza no CRD e CIFP Manuel Antonio de Vigo.
b) División por lotes e número: non.
c) Lugar de execución: no CRD e CIFP de Vigo.
d) Prazo de execución: dous anos desde a sinatura do contrato
e) Admisión de prórroga: si, dous anos.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación.
Prezo: 793.259,20 euros (IVE excluído). IVE: 166.584,43 euros. Importe total: 959.843,63 euros.
5. Garantías.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (IVE excluído).
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación da empresa: grupo U, subgrupo 1, categoría C.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfono: 981 54 44 53.
d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21429
8. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: 10 de decembro de 2014 ás 14.00 horas.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Lugar de presentación:
1ª) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.
Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.
2ª) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o día 16 de decembro de 2014 ás 10.00 horas.
10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 24 de outubro de 2014.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2014
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria