Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 3 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fan públicos o inicio do procedemento de reintegro e a devolución voluntaria proporcional de axudas e subvencións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), intentada a notificación no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que comparezan persoalmente ou debidamente representadas na sede do Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar; rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para teren coñecemento do contido daquela, advertíndoas de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para alegaren o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante esta xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar.

Vigo, 3 de outubro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: REINT 2014/180-5.

Nome: Oliveros Salazar, Gletsy Mercedes.

NIF: 54231713J.

Último enderezo coñecido: r/ Areal, 136, 1º, of. 7, 36201 Vigo (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción de emprego autónomo.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro.

Nº de expediente de xestión: TR341 2012/794-5.

Nome: Oliveros Salazar, Gletsy Mercedes.

NIF: 54231713J.

Último enderezo coñecido: r/ Areal, 136, 1º, of. 7, 36201 Vigo (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción de emprego autónomo.

Contido da resolución: devolución voluntaria proporcional da subvención.