Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46248

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle no ámbito das Casas de Ramírez.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de xullo de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Aprobar definitivamente o estudo de detalle que define os criterios compositivos e estéticos de aplicación no conxunto catalogado A-56 (Casas de Ramírez), formulado de oficio polos servizos técnicos municipais, sen modificacións respecto do inicialmente aprobado.

En cumprimento do exixido polo artigo 92.2 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, no cal se inserirá, así mesmo, a normativa urbanística aprobada».

O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, con data do 22 de setembro de 2014, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

De acordo co sinalado no artigo 92.2 da citada lei, publicouse no Boletín Oficial da provincia número 190, do 6 de outubro de 2014, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día siguiente ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2014

Teresa Gutiérrez López
Concelleira de Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible