Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46245

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

ANUNCIO de licitación do contrato para a xestión indirecta, mediante concesión, do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable.

De conformidade co acordado polo Pleno do Concello o día 24 de outubro de 2014, por medio deste anuncio efectúase a convocatoria do procedemento aberto para a contratación da xestión indirecta, mediante concesión, do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable do concello do Pereiro de Aguiar, conforme as seguintes especificacións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello do Pereiro de Aguiar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Intervención.

2. Perfil de contratante.

Enderezo da internet do perfil de contratante:

http.//www.depourense.es/web/contratacion.htm (no cal se publican integramente os pregos de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e o de prescricións técnicas).

3. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de xestión indirecta de servizo público, mediante concesión.

b) Descrición: xestión do servizo público de abastecemento domiciliario de auga potable do concello do Pereiro de Aguiar.

4. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración.

5. Orzamento de licitación.

Dadas as características do contrato, non se establece orzamento de licitación.

6. Canon anual do contrato.

O canon concesional que aboará a concesionaria será a cantidade que comprometa na súa oferta expresada en euros/ano (cláusula IV do PCAP).

7. Duración do contrato.

O prazo máximo de duración do contrato será de 25 anos (cláusula V do PCAP).

8. Garantías exixidas.

Garantía definitiva: 75.000,00 euros.

9. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Pereiro de Aguiar.

b) Enderezo: praza do Concello, nº 1.

c) Localidade e CP: O Pereiro de Aguiar, 32710.

d) Teléfono: 988 25 93 85.

e) Fax: 988 25 93 95.

f) Enderezo electrónico: concello.pereirodeaguiar@eidolocal.es

g) Data límite de obtención de documentos e información: os dez (10) primeiros días do prazo de presentación de proposicións e documentación.

h) Prego: o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas (leva anexo o modelo de declaración responsble) serán integramente publicados no perfil de contratante: http.//www.depourense.es/web/contratacion.htm

10. Prazo de presentación da documentación e das proposicións.

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia (DOG), das 9.00 ás 14.00 horas (cláusula XI do PCAP).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula IX).

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello do Pereiro de Aguiar (cláusula XI do PCAP).

11. Cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións.

a) Data: o terceiro día hábil seguinte (agás sábados) a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 11.00 horas apertura do sobre nº 1; ás 12.00 horas apertura do sobre nº 2; a apertura do sobre nº 3 terá lugar ás 12.00 horas do día que determine a mesa de contratación, que será comunicado telefonicamente aos licitadores na mañá do día inmediatamente anterior ao da celebración do acto (cláusula XII do PCAP).

b) Lugar: salón de de sesións do Concello do Pereiro de Aguiar.

12. Composición da mesa de contratación.

Segundo se especifica na cláusula X do PCAP.

13. Criterios de adxudicación.

Os que figuran na cláusula XIII do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Gastos de publicidade.

Os gastos de publicidade serán por conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.500 euros.

15. Outras informacións.

As establecidas nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas publicadas integramente no perfil de contratante indicado (www.depourense.es).

O Pereiro de Aguiar, 28 de outubro de 2014

Eliseo Fernández Gómez
Alcalde