Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46249

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xunqueira de Ambía

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de protección e rehabilitación da zona histórica de Xunqueira de Ambía e o seu contorno.

Mediante Resolución da Alcaldía do 5 de agosto de 2014 adoptouse o seguinte acordo:

«1. Aprobar inicialmente o Plan especial de protección e rehabilitación da zona histórica de Xunqueira de Ambía e o seu contorno.

2. Abrir un período de información pública durante o prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, no xornal La Región e no xornal La Voz de Galicia. Durante o dito período quedará o expediente á disposición de quen queira examinalo e presentar as alegacións e reclamacións que xulgue pertinentes.

3. Notificar individualmente o trámite de información pública a todos os propietarios dos terreos afectados, segundo a relación presentada polo redactor do plan.

4. Solicitar informe sectorial á Deputación Provincial, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Patrimonio e Urbanismo.

5. Suspender o outorgamento de licenzas no conxunto do ámbito do plan especial conforme o establecido no artigo 77.2 da LOUGA, agás naqueles ámbitos onde simultaneamente se cumpran as condicións do planeamento vixente e as do plan inicialmente aprobado.

A suspensión de licenzas terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a dita aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan».

O dito acordo foi sometido a información pública no Diario Oficial de Galicia núm. 152, do 12 de agosto de 2014.

Mediante este edicto notifícaselles o citado acordo, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, aos propietarios afectados que a seguir se relacionan, dado que, intentadas as notificacións persoais que no seu momento se efectuaron, estas non foron posibles por diversas circunstancias:

– María del Carmen Rodríguez Mármol e outros.

– Santiago Ledo González e Manuel Ledo González.

– José Manuel Iglesias Cid.

– Herdeiros de María Delgado Vázquez.

– Victoria González Pérez.

– Herdeiros de Francisco Carballo Lama.

– María Isabel Guerra Gianzo.

– Herdeiros de Aurelio López Arribas.

– Herdeiros de Camilo Iglesias.

– José Conde Conde.

– Herdeiros de Aníbal Lamas.

– Herdeiros de Gustavo Aníbal Machín Lamas.

– Celso Rivas Barros.

– Adolfo Barros Estévez.

– Alberto Álvarez Alonso e Mª José Parada Vilanova.

– María del Carmen Cid Fernández.

– Evangelina Simón Rivera.

– Herdeiros de Lucila Meno.

– Herdeiros de Salvador Cid Tesouro.

– Herdeiros de Cristalina Cid.

– Herdeiros de Antonio González Cid e Antonio Conde Conde.

– Luis Sergio Pazos Huete.

– Multihipotecaria, S.L.

– Santiago Ledo González e Manuel Ledo González.

– Jorge Ferreiro.

– Herdeiros de Santiago Junquera.

O que se publica para o seu coñecemento ao figuraren na relación de propietarios afectados, significándolles que dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, para que, se o desexan, poidan examinar o dito expediente nas oficinas municipais e formular por escrito cantas alegacións xulguen convenientes ao seu dereito, que se poderán presentar nos rexistros de calquera órgano administrativo conforme o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Xunqueira de Ambía, 24 de outubro de 2014

José Luis Gavilanes Losada
Alcalde-presidente