Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 31 de outubro de 2014 Páx. 46032

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 30 de outubro de 2014 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga convocada pola Xunta de Persoal da área de saúde de Vigo, que afectará determinados servizos que serán asumidos pola sociedade concesionaria do novo hospital de Vigo e se desenvolverá desde o 3 de novembro de 2014.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e nas competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño), entre os cales se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros ou conselleiras competentes, por razón dos servizos esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

A Xunta de Persoal da área de saúde de Vigo comunicou a convocatoria dunha folga que afectará o persoal estatutario de determinados servizos que serán asumidos pola sociedade concesionaria do novo hospital de Vigo (cociña, lavandaría, mantemento, lenzaría e costura) e que se desenvolverá desde o 3 de novembro de 2014, de forma ininterrompida, en tramos horarios de 12.30-13.30 (quenda de mañá) e 19.30-20.30 (quenda de tarde).

Unha vez outorgada audiencia ao comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

A folga referida entenderase condicionada ao mantemento dos servizos mínimos, segundo os criterios que se dispoñen nesta orde.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a cobertura adecuada do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía.

Tales mínimos respostan á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible ao exercicio do dereito á folga coa atención aos usuarios e ás usuarias que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servizo dispensado.

Para a fixación dos servizos mínimos aténdese aos seguintes criterios reitores, utilizados con carácter xeral en folgas precedentes:

– Servizos de mantemento: un número equivalente aos domingos ou festivos.

– Servizo de lavandaría e lenzaría: un número equivalente aos domingos e festivos ou ata o 50 % dos efectivos da quenda.

– Hostalaría: un número mínimo igual aos domingos ou festivos, ou ben un 60 % dos efectivos da quenda, en función do tamaño das prestacións dependentes de hostalaría en cada centro.

Artigo 2

A determinación do persoal necesario con base nos criterios anteriores faraa a EOXI de Vigo, debendo estar a súa fixación adecuadamente motivada.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de mínimos e exteriorizarse adecuadamente para xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal de efectivos que deben cubrir os servizos mínimos, que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio, será determinada pola EOXI e notificada ao persoal designado.

O dito persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

No anexo desta resolución recóllese o número de efectivos de servizos mínimos para cubrir as xornadas de folga nos tramos horarios afectados.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos determinados no anexo, así como os expostos nos taboleiros de anuncios do centro, serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e os efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2014

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Agrupación profesional

Centro

Servizo

Quenda

Efectivos de servizos mínimos

Calefactor/a

Xeral

Mantemento

1-mañá

1

Calefactor/a

Xeral

Mantemento

2-tarde

1

Electricistas

Cíes

Mantemento

1-mañá

1

Mecánico/a

Cíes

Mantemento

2-tarde

1

Electricistas

Xeral

Mantemento

1-mañá

1

Electricistas

Xeral

Mantemento

2-tarde

1

Encargado/a quenda

Xeral

Mantemento

2-tarde

1

Mantemento

O Meixoeiro

Mantemento

1-mañá

1

Mantemento

O Meixoeiro

Mantemento

2-tarde

0

Mantemento

O Rebullón

Mantemento

1-mañá

1

Mantemento

O Rebullón

Mantemento

2-tarde

1

Encargado/a quenda

O Meixoeiro

Lavandaría

1-mañá

1

Encargado/a quenda

O Meixoeiro

Lavandaría

2-tarde

1

Gobernante/a

O Meixoeiro

Lavandaría

1-mañá

0

Lavandeiro/a

O Meixoeiro

Lavandaría

1-mañá

6

Lavandeiro/a

O Meixoeiro

Lavandaría

2-tarde

5

Pasador/a de ferro

O Meixoeiro

Lavandaría

1-mañá

14

Pasador/a de ferro

O Meixoeiro

Lavandaría

2-tarde

10

Persoal hostalaría

N. Peña

Hostalaría

1-mañá

0

Persoal hostalaría

O Rebullón

Hostalaría

1-mañá

0

Cociñeiro/a

O Rebullón

Hostalaría-cociña

1-mañá

1

Cociñeiro/a

O Rebullón

Hostalaría-cociña

2-tarde

1

Cociñeiro/a

Xeral

Hostalaría-cociña

1-mañá

1

Cociñeiro/a

Xeral

Hostalaría-cociña

2-tarde

1

Persoal administrativo

Xeral

Hostalaría-cociña

1-mañá

1

Persoal administrativo

Xeral

Hostalaría-cociña

2-tarde

1

Pinche

Cíes

Hostalaría-cociña

1-mañá

1

Pinche

Cíes

Hostalaría-cociña

2-tarde

1

Pinche

O Rebullón

Hostalaría-cociña

1-mañá

4

Pinche

O Rebullón

Hostalaría-cociña

2-tarde

4

Pinche

Xeral

Hostalaría-cociña

1-mañá

16

Pinche

Xeral

Hostalaría-cociña

2-tarde

16

Persoal administrativo

O Meixoeiro

Hostalaría-lenzaría

1-mañá

0

Persoal administrativo

Xeral

Hostalaría-lenzaría

1-mañá

0

Pinche

Cíes

Hostalaría-lenzaría

1-mañá

0

Pinche

O Meixoeiro

Hostalaría-lenzaría

1-mañá

0

Pinche

Xeral

Hostalaría-lenzaría

1-mañá

0

Pinche

Xeral

Hostalaría-lenzaría

2-tarde

0