Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 25 de setembro de 2014, da Xerencia Executiva do Hospital da Barbanza, pola que se notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que foron alegados distintos motivos para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria 0081 5363 21 0001082819 do Banco Sabadell nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se produza o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

Idoeta Baz, Hernán Luis

053486372X

Fra. 201430162

19.2.2014

3.109,16

Souto Rivas, Manuel

076499390X

Fra. 201430367

15.4.2014

756,50

Ramallo González, Cipriana

076968242F

Fra. 201430565

26.6.2014

359,79

Ribeira, 25 de setembro de 2014

Laura María Ballesta López
Xerente executiva do Hospital da Barbanza