Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2014 pola que se anuncia a licitación dos seguintes contratos: expediente número 2014/1006, ref. UNLC08-1E-002, cofinanciado 70 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e 30 % por Ministerio de Economía e Competitividade (Mineco); expediente número 2014/4011, ref. Fondo Tecnolóxico 2007-2013, cofinanciado nun 80 % polo Feder e 20 % pola Universidade da Coruña (UDC); expediente número 2014/1007 (dous lotes).

– Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica, Sección de Contratación.

2) Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. R/ Maestranza, núm. 9, 1ª andar.

3) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

4) Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1118 e 1038).

5) Telefax: +34 981 16 70 20.

6) Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa

8) Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

* Número de expediente: 2014/1006.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: adquisición dun sistema clúster de computación avanzada e servizos asociados, cofinanciado 70 % Feder e 30 % Mineco, ref. UNLC08-1E-002.

c) Lugar de execución/entrega: Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC):

1) Domicilio: Campus de Elviña, s/n.

2) Localidade e código postal: A Coruña, 15071.

d) Prazo de execución/entrega: dous meses.

e) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 48822000-6.

– Valor estimado do contrato: 156.000,00 euros.

– Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 156.000,00 euros. Importe total: 188.760,00 euros.

* Número de expediente: 2014/1007 (2 lotes).

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: adquisición de infraestrutura software e hardware para a virtualización e replicación do almacenamento da información da Universidade da Coruña (UDC). Lote 1: adquisición dun sistema de almacenamento en disco SAN e dun software de virtualización do almacenamento da información. Lote 2: adquisición de discos SSD e tarxetas de comunicación fibre-channel para os servidores da UDC.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, dous lotes.

d) Lugar de execución/entrega: Servizo de Informática e Comunicacións:

1) Domicilio: Campus de Elviña, s/n.

2) Localidade e código postal: A Coruña, 15071.

e) Prazo de execución/entrega: 70 días naturais.

f) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 30211300-4.

– Valor estimado do contrato: 105.750,00 euros.

– Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 105.750,00 euros. Lote 1: 91.000,00 euros. Lote 2: 14.750,00 euros.

Importe total: 127.957,50 euros. Lote 1: 110.110,00 euros. Lote 2: 17.847,50 euros.

* Número de expediente: 2014/4011.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizos técnicos profesionais de colaboración para a correcta execución do proxecto A-TEMPO, cofinanciado nun 80 % por Feder e 20 % UDC, ref. Fondo Tecnolóxico 2007-2013.

c) Lugar de execución/entrega: Centro de Investigacións Tecnolóxícas (CIT):

1) Domicilio: Campus de Esteiro, s/n.

2) Localidade e código postal: Ferrol (A Coruña), 15403.

d) Prazo de execución/entrega: desde formalización do contrato ata o 30.11.2015.

e) Admisión de prórroga: conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79421200-3.

– Valor estimado do contrato: 44.000,00 euros.

– Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 44.000,00 euros. Importe total: 53.240,00 euros.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % de importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas, do décimo quinto día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en sábado ou día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Registro Xeral da Universidade da Coruña.

2) Domicilio: Reitoría, r/ Maestranza, núm. 9.

3) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Dirección: Reitoría, r/ Maestranza, núm. 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Data e hora:

1) Apertura do sobre B: o cuarto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas. Se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

2) Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante o día e hora en que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxdicatarias a pro rata.

– Outras informacións: o adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8-9 Regulamento CE nº 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello e concordantes, relativo ao Feder.

A Coruña, 21 de outubro de 2014

P.D. (RR do 16.1.2012)
Juan M. Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña