Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45887

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO polo que se declara deserto o posto de xefe do corpo da Policía Local.

Con data do 19 de maio de 2014, convocouse o proceso para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefe do corpo da Policía Local do Concello da Coruña (Diario Oficial de Galicia núm. 143, 30 de xullo de 2014).

Por Decreto da Alcaldía-Presidencia, do 16 de setembro de 2014, resolveuse o seguinte:

Declarar deserto o posto de xefe do corpo da Policía Local do Concello da Coruña, de conformidade coa normativa vixente e nos termos recollidos por xurisprudencia do Tribunal Constitucional e Supremo.

O que se participa para o seu debido coñecemento, significando que contra este decreto cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da data de publicación deste anuncio. Previamente cabe interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o órgano que ditou o acordo no prazo dun mes desde esa mesma data.

A Coruña, 30 de setembro de 2014

Martín González Rodríguez
Director de Facenda e Administración Pública