Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45888

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO da aprobación dos pregos de bases que rexerán o concurso para outorgar autorizacións de ocupación de prazas de aparcadoiro en réxime de aboamento para tractoras e plataformas portacontedores.

Por Resolución da directora da Autoridade Portuaria de Vigo, do 15 de outubro de 2014, acordou:

Aprobar o prego de condicións particulares das autorizacións de ocupación de dominio público para o aparcadoiro de camións, tractoras e plataformas portacontedores.

Os pregos de bases que rexerán o concurso e demais documentación encóntranse á disposición dos interesados na Secretaría Xeral (praza da Estrela, 1, 36201 Vigo), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas e na páxina web www.apvigo.com

A documentación que deberán presentar os participantes é a exixida nos pregos de bases.

As propostas presentaranse no Rexistro da Autoridade Portuaria de Vigo, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se for sábado ou festivo, entenderase prorrogado ata o día seguinte hábil.

A apertura das propostas terá lugar ás doce (12.00) horas do terceiro día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas. Se for sábado ou festivo, entenderase prorrogado ata o seguinte día hábil.

Vigo, 16 de outubro de 2014

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo