Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración sucesiva de produtos non perecedoiros por prezo unitario mediante acordo marco (expediente MS-EIC1-14-012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: MS-EIC1-14-012.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de produtos non perecedoiros para a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Lotes (se é o caso): si (2).

d) CPA (referencia de nomenclatura): 10.81, 10.82.14, 10.83.1, 10.32.1.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 15830000-5, 15841400-9, 15861000-1, 15861200-3, 15865000-9, 15320000-7.

f) Acordo marco (se procede): si.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto 63.857,09 euros. Importe total 70.242,80 euros (engadido o 10 % de IVE).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12.9.2014.

b) Data de formalización do contrato: 23.9.2014.

c) Contratista:

Secundino Docampo, S.L. (lote 1).

Casa Pepe Vigo, S.L. (lote 2).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto lote 1: 28.104,40 euros. Importe total 30.914,84 euros (incluído o 10 % de IVE).

Importe neto lote 2: 21.704,88 euros. Importe total 23.875,37 euros (incluído o 10 % de IVE).

A Coruña, 29 de setembro de 2014

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña