Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do servizo de soporte de segundo nivel da rede de voz e datos e aplicacións do HULA e os seus centros asociados (expediente AB-EIL1-14-003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa do HULA.

c) Número de expediente: AB-EIL1-14-003.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de soporte de segundo nivel da rede de voz e datos e aplicacións do HULA e os seus centros asociados (Hospital de Calde, Unidade de Psiquiatría, Centro de Especialidades e Escola de Enfermaría) pertencentes a EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 50312300-8.

e) Medios de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 6 de maio de 2014 no Diario Oficial de la Unión Europea, 22 de maio de 2014 no Boletín Oficial del Estado e 15 de maio de 2014 no Diario Oficial de Galicia.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado del contrato: 600.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 300.000,00 euros.

Importe total: 363.000,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 6 de agosto de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 1 de setembro de 2014.

c) Contratista: Ednon, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 275.199,16 euros.

Importe total: 332.990,98 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: mellor oferta técnica e económica (para máis información ver o perfil do contratante, www.sergas.es).

Lugo, 26 de setembro de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos