Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización dun contrato de obras non suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras:

Remodelación das instalacións náutico-recreativas no porto de Baiona (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 2/2014/CNTOB.

e) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20124

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: remodelación das instalacións náutico-recreativas no porto de Baiona-Pontevedra.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 36.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 21 de febreiro de 2014.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, sistema multicriterio.

4. Valor estimado do contrato:

348.241,67 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 348.241,67 euros. Importe total: 421.372,42 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16 de setembro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 7 de outubro de 2014.

c) Contratista: Astilleros Amilibia Untziolak, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 306.450,00 euros. Importe total: 370.804,50 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia