Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 29 de outubro de 2014 Páx. 45871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización dos contratos correspondentes aos expedientes de contratación, cofinanciados nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, número 113/2013 e 51/2013.

missing image file

Contratación do servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades nos sistemas de información do eido de turismo da Xunta de Galicia (expediente 113/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades nos sistemas de información dos eidos de competencia da Axencia de Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 21.10.2013.

DOUE: 17.10.2013.

BOE: 4.11.2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 1.316.667,66 €.

5. Orzamento base de licitación: 438.889,22 € mais 92.166,74 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 531.055,96 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7.5.2014.

b) Data de formalización do contrato: 3.6.2014.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 464.408,43 € (IVE ao 21 % incluído).

Contratación do servizo para o desenvolvemento dun sistema de intelixencia de negocio (BI) no eido da gandaría e explotacións agrarias da Xunta de Galicia (expediente 51/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento e implantación de funcionalidades de intelixencia de negocio (BI) en distintos ámbitos competencias de produción agropecuaria da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 31.10.2013.

DOUE: 26.10.2013.

BOE: 20.11.2013.

4. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 322.314,07 €.

5. Orzamento base de licitación: 123.966,95 € mais 26.033,05 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 150.000,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2.6.2014.

b) Data de formalización do contrato: 9.7.2014.

c) Contratista: Bahía Software, S.L.

d) Importe de adxudicación: 128.260,00 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia