Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2005/0427-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución nas dependencias desta xefatura territorial, no Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2005/0427-4.

Acta: 799/2005.

Empresa: Construcciones Hermanos Padín Cambados, S.L.

DNI/NIF: B-36183580.

Enderezo: Vilariño, A Telleira, 8; Cambados.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14, 17, 18 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigo 3 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo.

Preceptos sancionadores: artigos 12.16.b), 12.8, 12.16.f), 39.3.a), b) e c) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 18.9.2014.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción e proceder ao arquivamento do expediente.

Fáiselles saber aos interesados que poden formular recurso de alzada, perante a directora xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 6 de outubro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo