Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 17 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, polo que se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario 253/2014 seguido na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A Confederación Intersindical Galega do Ensino (CIG-Ensino) interpuxo recurso contencioso administrativo, que se tramita como procedemento ordinario 253/2014 na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso contencioso-administrativo diríxese contra a Orde do 23 de xullo de 2014 pola que se regula a implantación para o curso 2014/15 dos cursos primeiro, terceiro e quinto de educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o calendario de aplicación da Lei orgánica 8/2013, para a mellora da calidade educativa, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicada no Diario Oficial de Galicia do 14 de agosto de 2014.

De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a través deste anuncio notifícase a interposición do dito recurso contencioso-administrativo para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, que son emprazadas para que poidan comparecer no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2014

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa