Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45307

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 9 de outubro de 2014 pola que se modifica a autorización, por cambio de titularidade e da denominación específica, do centro privado CyC Llongueras, do concello de Ourense.

A titularidade do centro privado CyC Llongueras, do concello de Ourense, solicita a modificación da autorización por cambio da titularidade e da denominación específica do centro educativo pola de ART Ourense.

Mediante escritura pública notarial, outorgada ante o notario Daniel Balboa Fernández, Sara Álvarez Pérez cede a titularidade do devandito centro docente privado a favor de María Carmen Martínez Pereira.

De conformidade coa solicitude formulada, logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e na Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o cambio de titularidade do centro privado CyC Llongueras, código 32020793, a favor de María Carmen Martínez Pereira.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro educativo.

Segundo. Autorizar o cambio da denominación específica, que pasa a ser ART Ourense.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria