Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45286

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior da unidade de actuación 8 (expediente 17/2013.PERI).

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 28 de agosto de 2014, acordou desestimar as alegacións presentadas e aprobar definitivamente o expediente 17/2013.PERI do Plan especial de reforma interior da UA 8, tramitado de oficio e redactado por Monteoliva Arquitectura, S.L.P.

A dita aprobación definitiva foi comunicada á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 12 de setembro de 2014.

Contra o acordo de aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior, instrumento de planeamento que ten natureza de disposición xeral, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Arteixo, 15 de setembro de 2014

Por delegación (Decreto nº 989/2011, do 21 de xuño)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo