Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2014 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de asistencia técnica de bombas do circuíto de auga de mar, mantemento eléctrico de baixa tensión e asistencia fixa as fins de semana en planta de cultivos e persoal de garda (expediente 309/14).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante.

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 309/14.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de asistencia técnica de bombas do circuíto de auga de mar, mantemento eléctrico de baixa tensión e asistencia fixa as fins de semana en planta de cultivos e persoal de garda.

c) Lugar de execución/entrega:

• Enderezo: Estación de Ciencias Mariñas da Universidade de Vigo (Ecimat). Illa de Toralla.

• Localidade e código postal: 36331 Coruxo (Vigo).

d) Prazo de execución: un ano a partir do 1 de xaneiro de 2015, ou desde o día seguinte ao da formalización do contrato. Non obstante, o contrato pode ser prorrogado por un máximo doutro ano máis.

e) Admisión de prórroga: si.

f) C.P.V.: 03-50510000 Servizos de reparación e mantemento de bombas, válvulas, billas e contedores de metal.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 64.000 €.

5. Orzamento base de licitación: 32.000 €. IVE: 6.720 €.

6. Garantías exixidas.

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

• Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican, respectivamente, nos puntos 11 e 12 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n. Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2ª andar. Praza de Erasmo, s/n. Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.300 euros.

Por delegación (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Por suplencia (Resolución do 13.10.2014)
Rodrigo Cerviño Rodríguez
Vicexerente de Xestión Económica e Servizos Xerais