Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45287

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de corrección de erros na publicación de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal do Grove.

No Diario Oficial de Galicia do 15 de outubro de 2014 publicouse o acordo de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal do Concello do Grove. Onde di: «9 votos a favor do PP», deberá corrixirse e quedará redactado do seguinte teor: «7 votos a favor do PP e 2 votos a favor do Grupo Mixto (PGD e Alternativa Meca)».

O Grove, 17 de outubro de 2014

Miguel Ángel Pérez García
Alcalde